Translate

Buscar neste blog

martes, 24 de abril de 2018

24/04/2018







CONTEXTUALIZACIÓN DO BEN

Temos que destacar que esta illa que pertence o Parque  Nacional das Illas Atlánticas,  A Illa de Cortegada é a máis grande do Arquipélago de Cortegada que está formada por a Illa de Malveira Grande e Chica, Briñas e o Illote do Cón. Están situadas no concello de Vilagarcía de Arousa, na desembocadura do Río Ulla no Océano Atlántico, polo que posiblemente se trate dun estuario.

Esta unión fai que sexa unha zona idónea para o cultivo da ameixa babosa e do berberecho (tradicional de Carril, pero que se está vendo invadida pola ameixa xapónica –con máis rentabilidade para os mariscadores pero de menos calidade que a babosa tradicional-).

Sabemos que existe un pequeno desembarcadoiro, e que tradicionalmente  en tempos de mareas vivas, e na parte máis próxima ó continente que extrema con Carril, se podía atravesar do continente á illa polo que se denominaba o “camiño de carro” e é por isto unha das posibles razóns que Carril deba o seu nome a esta situación.

Ademais das vivendas dos colonos que se encargaban dos coidados da illa do rei Alfonso XIII, que foron os últimos en abandonar a illa. Hoxe abandonadas e cubertas pola maleza, existe tamén un santuario románico que data do 1334, adicada as Virxes dos milagres. Ademais, aló polo 1652 constrúese un pequeno hospital para evitar as epidemias que asolaban a nosa Galiza pola época.













Ningún comentario:

Publicar un comentario