Translate

Buscar neste blog

martes, 3 de abril de 2018

03/04/2018

Ola a todos e a todas, como alumno da UVIGO,  da Facultade de Ciencias da Educación do grado de Educación Infantil, hoxe comezamos a nosa andadura na materia de Ciencias Sociais. O tema que trataremos será sobre a Illa de Cortegada. Agardamos que vos agrade a nosa experiencia sobre as investigacións da nosa illa ademais da proposta de unidade didáctica que faremos sobre este ben.

 A nosa proposta de unidade  ímola encadrar dentro do Colexio  Público "Mariví Villaverde"  o cal está ubicado en Carril, localidade pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa, e na provincia de Pontevedra. Encadrarémola no 6º curso de Educación Infantil.

O centro acolle ao alumnado da súa área de influencia como son Carril, Trabanca Sardiñeira, Bamio, Guillán e Vilagarcía.

É por isto, que o tratar o tema da Illa de Cortegada, ao ser unha illa que pola súa proximidade, tanto a zona de residencia do alumando como do centro escolar; seguramente vai ser un centro de interese para eles.

Marcaremos como obxectivos desta unidade:
  • Innovación educativa e integración das TIC para aprender a aprender.
  • Participación da comunidade educativa e o entorno: fomentaremos a participación e colaboración da comunidade educativa para crear situacións de aprendizaxe reais, esenciais para o proceso de aprendizaxe de nenos e nenas
  •  Respecto ao medio: potenciaremos a formación no respecto e defensa do medio ambiente.
  • Educar para a saúde e a hixiene a través de estilos de vida saudable.
 Ademais como obxectivo fundamental do blog:

  • Dar a coñecer este ben, e do patrimonio que temos á beira das nosas casas, e que en moitos casos non chegamos a darlle o valor que ten.
  • Con esta proposta de unidade,  agradaríanos que lles poidese servir de axuda a algún docente que desexe facer uso dela na súa aula.
  • E por suposto, como non, a nivel persoal irme construíndo o meu PLE, para nun futuro poder levalo á práctica.



Ningún comentario:

Publicar un comentario