Translate

Buscar neste blog

xoves, 26 de abril de 2018

Actividades

Xoves, 26 de Abril, 2018

Trala presentación do blog e do patrimonio, chega a hora de propoñer as actividades da  nosa unidade didáctica, que se adecúen aos obxectivos que marcamos na presentación. O inicio da nosa unidade dará comezo o venres 15 de Xuño de 2018, e a continuación veredes o porqué desta data, que detallaremos no seguinte cadro; as actividades e a súa temporalización:


Venres 15
Luns 18
Martes 19
Mércores 20
Xoves 21
Venres 22
Sábado 23
Sesión 1
Sesión 2
Sesión 3
Sesión 4
Sesión 5
Sesión 6
Sesión 7
DURACIÓN ACTIVIDADE
DURACIÓN ACTIVIDADE
DURACIÓN ACTIVIDADE
DURACIÓN ACTIVIDADE
DURACIÓN ACTIVIDADE
DURACIÓN ACTIVIDADE
DURACIÓN ACTIVIDADE
30 minutos na primeira hora da mañá.
Unha hora e media.
Adicarémoslle toda a maña de clase
será nas 2 primeiras horas da mañá.

Subida ao blog do día de onte e o de hoxe. Dedicándolle un tempo de 1 hora
Dúas horas despois do recreo
1 hora
Dende as 11:00 a 18:00


SESIÓN 1:

Neste primeiro día comezaremos cun faladoiro, no que coñeceremos nunha valoración inicial  o que coñece o alumnado sobre a Illa de Cortegada. A isto adicarémoslle un tempo de 30 minutos na primeira hora da mañá. E encargarémoslle que  durante a fin de semana investiguen todo o que poidan  sobre a illa, o marisqueo, e o sector servizos de hostalaría que son moi característicos da zona, recursos que poidan buscar na rede, información que poidan obter das sùas familias, pais, avós, etc,..


SESIÓN 2:

Nesta segunda sesión, o alumnado contarannos todo o que investigaron, preguntándolle a familiares, internet, fotos antigas que nos poida aportar. E con toda esta información subirémola o blog de aula. Nesta sesión adicarémoslle unha hora e media.

SESIÓN 3:

Na terceira sesión e co permiso correspondente dos pais. E incluso coa axuda dalgúns deles (pois seguro que na aula teremos algún familiar que nos aporte a súa sabedoría) acudiremos a mariscar  a zona da illa de Cortegada. O alumnado poderá practicar e aprender o nome dos aparellos de marisqueo. Ademais o alumnado poderá distinguir as diferencias entre a ameixa babosa (cunha cuncha máis “suave”, a xapónica coa súa cuncha máis dura e o berberecho). Cabe salientar que ademais de parecer  unha clase de bioloxía onde distinguiremos distintos tipos de especies, tamén traballaremos transversalmente as matemáticas co tema da clasificación. A esta sesión adicarémoslle toda a maña de clase. É obvio dicir, que o alumnado debe levar unha roupa axeitada ao labor que imos desempeñar, ademais da bebida e merenda.

SESIÓN 4:

A cuarta sesión consistirá na visita a lonxa, onde o alumando observará como o marisco que recolleron no día de onte, será subastado hoxe a hostalaría. Esta visita será nas 2 primeiras horas da maña. Tralo recreo faremos a subida ao blog do día de onte e o de hoxe. Dedicándolle un tempo de 1 hora.

SESIÓN 5:

Nesta quinta sesión acudiremos a un bar bastante coñecido da zona, familiar dun alumnado que se ofreceu voluntario para ensinarlle ao alumnado a preparación culinaria da ameixa e a posterior venta e degustación aos comensales que neste caso seremos nos (alumnado e docentes).A isto dedicarémoslle dúas horas despois do recreo.

SESIÓN 6:

Na sexta sesión subiremos as fotos e a documentación ao blog. Ademais prepararemos a última saída de mañá recordando todo o que temos que levar. Tempo dedicado 1 hora.

SESIÓN 7:

Nesta última sesión e ademais ultimo día do curso faremos unha excursión familiar a Illa de Cortegada ( despois de solicitar o permiso ao parque de illas atlánticas).
Partiremos as 11 da mañá do porto de Carril en kayaks e coas medidas de protección apropiadas, cascos e chalecos salvavidas.
As familias levarán comida e bebida para o día.
Na illa faremos unha ruta guiada pola illa ,onde o guía nos fará unha explicación de todo o  contexto histórico da illa.
Xa pola tarde, e trala comida en grupo, adicarémola a xogos tradicionais dirixidos polo mestre de educación física. Ademais entregaráselle un croquis da illa (como o que subiremos nunha da próximas entradas), ás familia e as crianzas, cunha serie de instrucións, do tipo a "300 pasos a esquerda da capela e150 pasos á dereita existe un tesouro enterrado que teredes que topar". Con esta pretendemos fortalecer o sentido de orientación no alumnado, e o traballo en equipo.
Coa axuda da docente de Inglés faremos xogos nesta lingua.
Sobre as cinco da tarde partiremos de novo o porto de Carril. e se o tempo acompaña poderemos bañarnos nas cristalinas augas da Ría de Arousa e desembocadura do Ulla.
Debemos ter a precaución de recoller todo o lixo que xeramos e traelo de volta a porto. pois na illa non existe recollida. Fomentando o coidado polo medio ambiente

Ningún comentario:

Publicar un comentario