Translate

Buscar neste blog

mércores, 9 de novembro de 2016

Glogster e Thinlink

¡Hola a tod@s!
A semana pasada empezamos a traballar en grupo e a verdade e que imos a un moi bo ritmo e rematamos na clase varios códigos QR e unha tarefa para pizarra dixital con programa Smart Notebook.
Así que para esta semana comezamos a facer un póster dixital e a falta de un, fixemos dous para así probar dous programas na nube: Glogster e Thinglink. A verdade é que son dúas ferramentas moi interesantes polo producto final que creas -o poster dixital- que cremos que pode dar moito xogo nun aula de infantil. Para os nenos será unha diversión atopar onde están os links tralas imaxes e accederán aos contidos nun ambiente informal e de xogo.
¡En breve prometemos un post sobre os poster dixitais que creamos! De momento podemos adiantar unha cousa: se queres ir de viaxe a París, pásate de vez en cando por aquí ;)
Para a semana que vén parece ser que comezaremos a traballar narrativa dixital...
¡Que ganas!
Apertas dos contacontos
¡Por certo e antes de que nos esquezamos! Se estás a buscar os e-diarios das sesións anteriores non tes máis que visitar os nosos blogs individuais. ¿Queres saber cómo? ¡Preme aquí!

Ningún comentario:

Publicar un comentario